- A estación da Pontagra, o Museo do Traxe Juanjo Linares, a igrexa de Santa María ou a praza de Veracruz integran a programación da que será a sexta visita guiada da iniciativa.
- Inscricións de balde en info@viaxesalumar.com ou no 678 776 951.
O ciclo ‘Os Lugares do Paraíso’, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes non se detén e enriquece a súa programación de cara a vindeira fin de semana cunha nova ruta o domingo, desta vez polo Concello de Ordes.
A saída inclúe unha visita á estación da antiga estación ferroviaria de Ordes – A Pontraga, edificada no ano 1943 a semellanza da estación de Azpeita, en Guipúscoa. Na actualidade atópase conservada nun entorno rehabilitado ás beiras do río Lengüelle.
O Museo do Traxe ‘Juanjo Linares’ será outra das paradas da actividade, na cal as persoas asistentes poderán contemplar algunhas das máis de 1000 pezas que o bailarín e investigador ordense, Juanjo Linares, cedeu á súa localidade natal. A visita ao centro supón unha viaxe polas diferentes culturas téxtiles ao redor do mundo.
As inmediacións do centro sociocomunitario Isabel Zendal e igreza de Santa María de Ordes complementarán unha xornada na que tamén se inclúe a desgustación de produtos locais.
As persoas que o desexen poderán realizar a súa inscrición de forma gratuíta chamando ao 678 776 951 ou no correo info@viaxesalumar.com