PRESÉNTASE EN FITUR O NOVO XEODESTINO “TERRAS DE ORDES”

A Mancomunidade de Ordes e a Xunta de Galicia veñen de pechar este importante preacordo como resultado do traballo conxunto entre os nosos sete concellos para definir un destino turístico, proxecto que quere unir esforzos para ofrecer conxuntamente unha oferta atractiva para os turistas.

En Galicia existían ata o de agora 14 xeodestinos aos que se lle suma agora “Terras de Ordes”, que aporta á oferta turística de Galicia un destino en contacto coa natureza, moi cerca das cidades de Santiago e A Coruña, para as que seremos unha referencia como “o corazón verde da provincia da Coruña”, o Camiño Inglés, a Vía Verde, os ríos, lagos e encoros, e outras moitas infraestruturas turísticas de grande éxito como o Parque Acuático de Cerceda, a Casa Grande de Xanceda coas súas visitas guiadas ou os diferentes museos repartidos por todo o territorio, xunto cun sector privado en crecemento continuo, farán que nos vindeiros anos poidamos traballar xuntos baixo unha marca común.

Este vindeiro venres ás 16:15 h. dentro do marco da feira internacional de turismo FITUR, preséntase no stand de Galicia esta nova marca turística que será xestionada pola Mancomunidade de Ordes en colaboración coa Asdecomor (Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes).

Desde a Mancomunidade afróntase este reto con grande ilusión e asumindo a responsabilidade de que a partir de agora o turismo na nosa comarca colla aínda mais forza.

 

Fitur 2022

Un nuevo geodestino en Galicia – Fitur 2022

Scroll to Top