O Concello de Tordoia foi o lugar escollido para a celebración do I Duatlón de Nadal Terras de Ordes que tivo lugar o pasado 17 de decembro.
Un total de 66 atletas déronse cita na proba absoluta, na cal tamén participaron dous equipos na proba por parellas.
O podio masculino estivo integrado por Alexandre Otero Iglesias, do Club Triatlón Rianxo, cunha marca de 01:19:09, Iván Puentes Barcia, do Triatlón Ferrol e Marcos Mayo Figueira, do Triatlón O Treito, con 01:19:16 e 01:20:10, respectivamente.
Pola súa parte na categoría feminina a vencedora foi María del Mar Delgado González, do Triatlón Ferrol, con 01:50:53 seguida por Mirian Iglesias Vázquez, da Asociación Deportiva Media Ducia , e Cristina López Morán, de NoSportLimit, con tempos de 02:01:20 e 02:07:16.
Hugo Souto Andújar, Anxo Bello Rodríguez e Rubén Otero Losada, os tres do A. D. Fogar, completaron o podio na categoría de menores.
Na modalidade de parellas, o equipo ‘Coristanco’, finalizou a proba en 01:27:12, mentres que ‘TriArteixo’ fíxoo en 01:37:26.
Podes consultar as clasificacións completas premendo aquí.
Todas as fotos da proba están dispoñibles na nosa páxina de Facebook.