Tordoia, terceira parada das rutas ‘Os lugares do paraíso’

A Mancomunidade de Ordes inaugura o mes de decembro cunha nova actividade enmarcada ao abeiro do ciclo ‘Os lugares do paraíso’ que terá lugar o vindeiro martes, 6 de decembro, no Concello de Tordoia.

A saída incluirá unha parada inicial no encoro de Vilaguidín, de grande interese ornitolóxico pola súa variada fauna, seguida dunha visita ao santuario de Santa Susana de Arcai de Abaixo, situada sobre un montículo cunhas inmellorables vistas ao embalse.

A ruta continuará por Pedra Longa, unha impresionante agrupación granítica atopada no alto Seixán Cabaleiros sobre a que orbitan numerosas lendas de índole relixiosa.

A acea do Estevo, integrada nunha fermosa paraxe natural ás beiras do río Bustelo, será o cuarto enclave a visitar antes de chegar ao Dolmen de Cabaleiros, coñecido tamén como a ‘Casa da Moura’, pola lenda popular que conta que alí habitaba un destes seres da mitoloxía galega. A edificación, propiedade da Deputación da Coruña, supón un dos grandes activos do megalitismo autonómico e nacional.

Ademais, a xornada incluirá a degustación de produtos típicos da localidade.

A saída de Ordes terá lugar ás 09.30 horas desde a rúa Entreparques e a chegada está prevista para as 14.30 horas.

As persoas interesadas poderán anotarse de xeito gratuíto ata o en info@viaxesalumar.com ou no 678 776 951.

Scroll to Top