- A visita guiada será o xoves, 8 de decembro, e está catalogada de dificultade alta polo que non está contemplada para a asistencia do público infantil.
- Inscricións ata o día 6 de decembro en info@viaxesalumar.com ou no 678 776 951.
O Concello de Trazo acollerá o vindeiro xoves, 8 de decembro, a cuarta cita do ciclo ‘Os lugares do paraíso’ cunha desafiante ruta catalogada como de dificultade alta ao incluír tramos de monte cunhas condicións que dificultan o tránsito, o cal imposibilita a asistencia de participantes en idade infantil.
Na saída visitarase o pazo de Vilacoba, unha edificación nobiliaria reconstruída no século XVII que na actualidade se atopa habilitado e conservado en perfectas condicións.
O conxunto do monte Pedroso será o núcleo sobre o que xire a xornada, pois nel poderase visitar a ‘Pedra Faladoira’, situada na parroquia de Monzo, a uns 400 metros de altitude, da cal se dicía que respondía a quen berraba cerca dela, de ahí o seu nome. Tamén se inclúe unha parada a beiras do río Chonia, unha fermosa paraxe natural na que sobresae o valor patrimonial dos seus muíños e batáns.
A programación abarca tamén visitas ao santuario de Santa María de Restande, enclave que destaca pola carballeira que a rodea e polo cruceiro alí situado.
Nesta mesma liña, as ermidas de Santa Eufemia e San Mateo, serán outros puntos onde gozar da arquitectura e a natureza que nos ofrece o municipio.
A saída terá lugas ás 9.30 horas desde a rúa Entreparques de Ordes, e a chegada será ás 14.30 horas.
Inscricións de balde ata o martes, 6 de decembro, en info@viaxesalumar.com ou no 678 776 951.