A Mancomunidade de Ordes púxolle onte o peche aos seus obradoiros de emprego coa clausura da etapa formativa. Deste xeito, as 40 persoas participantes tanto no obradoiro de emprego como no Mancomunidade de Ordes IV despediron onte o curso en compañía da presidenta da Mancomunidade, Susana García, a delegada da Xunta, Belén do Campo, e alcaldes e reresentantes municipais dos Concellos integrados na iniciativa.
Durante o período lectivo o alumnado, integrado por persoas en situación de desmprego, tivo ocasión de formarse en ámbitos de gran demanda laboral como mantemento de espazos naturais, xardinaría ou carpintería entre outros.
Estas formacións contaron co apoio da Xunta de Galicia, organismo que destinou preto de 850.000 euros na súa realización.


