Video Promocional
- 20 Outubro, 2020
- 7:17 a.m.
- Mancomunidade
Constituída polos concellos de Frades, Cerceda, Ordes, Oroso, Mesía, Tordoia e Trazo, a nosa mancomunidade é a máis antiga de toda Galicia, aglutinando na actualidade a máis de 38.000 habitantes. Dende 1976 vimos demostrando que a unión de esforzos e medios entre administracións é o mellor xeito para optimizar recursos, aforrando custos e ofrecendo solucións efectivas ás necesidades da poboación.
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ofrece a posibilidade de dar un paseo pola Galicia auténtica de tradicións e costumes centenarios. O/a visitante poderá coñecer recunchos e lugares naturais onde a historia e o paso do tempo son os encargados de tallar as formas que os compoñen. Arquitectura, gastronomía, paisaxe, museos, roteiros, folclore e moito máis é o que conforma cada un dos sete municipios que constitúen esta comarca. E entre todo iso algo a destacar, o Camiño Inglés. Un trazado que dende hai séculos permite que milleiros de peregrinos con destino a Compostela deixen a súa pegada nestas terras.
As nosas hortas, os nosos montes e ríos son fértiles cunas dos alimentos máis saborosos e saudables, que a restauración da comarca prepara cun agarimo tradicional.
Aquapark, roteiros, ríos e montañas xunto coas modernas instalacións dispoñen entornos idílicos para o desenvolvemento das actividades deportivas e de lecer.
As Desordes Creativas, o teatro, a música e a artesanía definen unha comarca cun profundo espírito artístico, que brota en cada recuncho e que te convida a que veñas a desfrutalo.