- As persoas interesadas en participar na saída poderán anotarse entre o 3 e o 13 de novembro no 678 776 951.
- A Mancomunidade colabora coa AAVV de Trasmonte na realización da XVI Festa da Matanza, o 9 de novembro.
A Mancomunidade de Ordes dálle continuidade ao programa de visitas guiadas de balde pola comarca ‘Terras de Ordes: Os Lugares do Paraíso’ cunha nova saída, desta vez por Mesía, o vindeiro 16 de novembro.
A saída terá lugar ás 09:30 horas desde a rúa Entreparques de Ordes e una vez en Mesía, as persoas asistentes poderán visitar enclaves como a lagoa das brañas de Valga; a fraga de Areosa; ou a fortaleza da Torre antes de regresar a Ordes ás 14:30 horas.
As persoas asistentes poderán anotarse desde o 3 de novembro ata o día 13 contactando por chamada ou a través de Whatsapp co 678 776 951.