Campamento de conciliación para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos
Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de dous meses. Actúase no tramo do Camiño Inglés que vai desde As Travesas, en Carral, ata un desvío cara ao lugar de Hospital, en Mesía, onde existe un albergue. As obras enmárcanse no programa da Xunta para mellorar a seguridade dos peregrinos en treitos dos Camiños de Santiago coincidentes con vías autonómicas.
O Concello aproba un plan para facer fronte ao cambio climático e reducir emisións. O Concello de Ordes aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un programa que inclúe a elaboración dun inventario de emisións e medidas para, entre outros aspectos, reducir o consumo de enerxía e ser un concello máis resiliente ao cambio climático.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega esta mañá deste vehículo todocamiño híbrido co que os axentes poderán velar pola protección do medio ambiente. O Goberno galego leva investidos máis de 974.000 euros en melloras ambientais e de infraestruturas dos concellos, moitas delas en conxunto no marco da Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes.