O CIM da Mancomunidade de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, organiza ‘Chicas Nuevas 24H’, unha actividade cultural centrada neste documental de Mabel Lozano, promovida e financiada pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta proposta diversifícase en tres acción, por unha banda, desde mañá, 15 de outubro, e ata o 31, o Museo Juanjo Linares acollerá unha exposición fotográfica, o alumnado de secundaria da localidade poderá gozar coa proxección do documental, do mesmo xeito que o público xeral dado que se proxectará no museo textil o 21 de outubro ás 10:15 horas.
A inciativa pretende sensibilizar sobre sobre a verdadeira realidade da trata de mulleres e nenas, afondar neste tipo de escravitude existente en todo o planeta e evitar a normalización da comercialización dos corpos e vidas das mulleres e nenas.
Para máis información e para a inscrición as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes.