Casa rural Antón Veiras

Dirección

O Outeiro de Abaixo, 2, Poulo 15680 Ordes

Tel.:

E-mail

reservas@casaruralantonveiras.es

Web

http://www.casaruralantonveiras.es/

Casa rural Antón Veiras

Na aldea do Outeiro (Poulo-Ordes), ao pé do Camiño Inglés de peregrinación a Santiago de Compostela, a 2 km da Vila de Ordes, a 1,5km da saída 41 da autoestrada AP9 (Ferrol-Tui) que enlaza coa autovía A6 (A Coruña-Madrid), atópase a nosa casa.

Polo seu emprazamento, a medio camiño entre as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña, a casa rural Antón Veiras é o lugar idóneo para coñecer os fermosos lugares de Galicia e desfrutar das súas praias, ríos, montes, rutas de sendeirismo e sobre todo da súa riqueza gastronómica.

A casa rural Antón Veiras é unha antiga casa de labranza de máis de 250 anos de antigüidade, claro expoñente da arquitectura rural galega.

A estrutura orixinal da edificación principal e do hórreo anexo, os materiais naturais como pedra, barro ou granito e a madeira, crean un ambiente acolledor e sosegado que se pode desfrutar nos máis 11.000 metros cadrados que ten o terreo onde está instalado a casa.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top