Feira dos Mércores
No Campo da Feira de Ordes, en pleno casco urban, ten lugar a celebracion do mercadiño dos mercores en horario de 8 a 14 horas.
A Feira de Ordes pode denominarse como un mercadiño xeralista con aproximadamente 160 postos de venda de distintos productos entre os que destacan:
- Textil
- Marroquineria
- Alimentacion
- Productos do campo
- Viveiros
E unha feira moi concorrida chegando a xuntarse na explanada do campo da feira en ocasions mais de 1500 persoas que se achegan tanto a facer as suas compras como a tomar uns deliciosos churros.
A feira conta cun amplo aparcamento gratuito para todos os que desexen achegarse.
Feirón da Adina
No entorno do recinto feiral do Mesón do Vento, na parroquia de Ardemil, ten lugar o Feirón da Adina coincidindo cos terceiros domingos de mes, concretamente as datas de celebración para este ano 2016 son:
- 16 de abril.
- 18 de xuño.
- 20 de agosto.
- 15 de outubro.
- 17 de decembro.
O Feirón da Adina e un gran mercadiño de produtos autótonos onde poderás desfrutar de gran variedade de postos onde se ofertan diversos produtos para a venda como: embutidos, verduras e froitas, roupa, artesanía e por suposto existe un espazo acondicionado para a compravenda de gando e aves.