Igrexa orixinariamente románica, pero que sofre importantes reformas, a máis significativa en 1864. Ten unha nave de planta de cruz latina cos muros de cachotería encalados con pezas de cadeirado enmarcando portas, ventás ou na cornixa. A fachada ten porta alintelada con arco de medio punto e cornixamento sostido por ménsulas. Enriba un van con arco de medio punto e un frontón recto decorado cunha cruz. Nos laterais hai reafundimentos, que diminúen a rixidez do muro. Sancristía pegada á ábsida. Dúas torres cadradas rematadas por un corpo cuadrangular máis pequeno, de esquinas oitavadas, coroado por unha cupuliña e catro vans de medio punto.
Ten retablos con esculturas no seu interior. Consérvase unha imaxe de San Bieito procedente do mosteiro de Sobrado dos Monxes.