Igrexa de orixe románica reformada nos S. XVIII e s. XIX. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cantería e cuberta a dúas augas. Na fachada ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto e arquivoltas, a externa decorada con motivos xeométricos e asentada sobre dúas pequenas columnas con capitel esquematizado. Enriba hai un van rectangular. Sancristía pegada a un lateral da cabeceira. Espadana de dobre corpo con dous arcos de medio punto, coroamento triangular con arco e decorada con pináculos rematados en bóla. No seu interior ten un arco lobulado de ferradura e esculturas.
Igrexa parroquial de San Paio de Buscás
Localización
Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.