Milleiros de peregrinos procedentes de moi distintas latitudes atravesan cada ano o municipio de Ordes seguindo o trazado do Camiño inglés. Esta ruta remóntase ao século XII, cando no ano 1147 unha escuadra de cruzados ingleses, alemáns e flamengos, que ían rumbo a Terra Santa acudiron ata a tumba do Apóstolo a ofrecerlle os seus respectos.
Dende 2020, o municipio de Ordes é un punto especialmente relevante no camiño xa que é neste ano cando se inaugura o Albergue de Poulo. A apertura do novo establecemento cumpriu dúas funcións ben importantes: por un lado dá servizo aos peregrinos (42 camas) e polo outro serve para recuperar unha pequena xoia do patrimonio local: a reitoral de Poulo, unha casa do século XVIII que logo de décadas de abandono volve renacer con todo o esplendor.