Biblioteca Pública Municipal de Ordes

Dirección

Rúa José Antonio, 2, 15680 Ordes, A Coruña, España

E-mail

ordes.rbgalicia@eidolocal.es

Web

http://biblioteca.ordes.gal

Biblioteca Pública Municipal de Ordes

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, integrada na Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, abriu as súas portas no ano 1991. Está situada na vila de Ordes, rúa Xoxardo (baixos da alameda).

As instalacións contan con máis de 300 metros cadrados, repartidos nunha sala infantil, unha sala dedicada a  estudo e consulta para persoas adultas, unha sala de traballo e a zona de administración do persoal.

  • Fondo bibliográfico composto por máis de 21.000 exemplares: libros e material audiovisual.
  • Aforo: 80 persoas.
  • Sete  equipos informáticos con acceso a Internet, impresora, escáner e servizo de wifi gratuíta.

A biblioteca dispón tamén de xornais de tiraxe diaria.

Os seus obxectivos son  atender as demandas de información, formación, ocio e cultura da poboación.

O acceso ás instalacións e ao fondo bibliográfico é libre, agás as obras de “Fondo Local”, suxeitas a condicións especiais de tratamento e consulta.

Servizos e actividades que ofrece a biblioteca:

  • Lectura, estudo  e consulta en sala.
  • Préstamo para domicilio exclusivamente con tarxeta de socio/a.
  • A expedición da tarxeta é gratuíta.e serve para todas as bibliotecas da Rede.
  • Préstamo de fondo bibliográfico e audiovisual infantil, xuvenil e adulto.
  • Biblioteca inclusiva.
  • Xornais de tiraxe diaria.
  • Acceso a Internet.
  • Actividades de animación á lectura.
  • Visitas escolares e outras.
  • Mostras e celebracións.

Acceso a Galiciale ( plataforma de préstamo de obras en formato electrónico da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia. Catálogo en galego E.Biblio e Catálogo en castelán) gratuíto ao tramitar a tarxeta de socio/a.

  • Consulta do catálogo en  liña.
  • Servizo de petición de obras.
  • Información bibliográfica  e atención ao/á usuario/a.

O horario de apertura do servizo de préstamo é:

  • De  luns a venres de 8:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:30 horas.
  • Sábados: 10:00 a 14:00 horas.
  • Os meses de xullo e agosto o horario é de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

 

Consulta o catálogo: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal

* O usuario é o número de tarxeta de socio/a. O contrasinal chegaralles ao correo electrónico ao facer a tarxeta.

* Coas mesmas claves poderán consultar Galiciale.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top