Con preto de 7000 habitantes, a vila de Ordes é o principal núcleo urbano da comarca. Aínda así, resulta chamativo que a capital dunha bisbarra eminentemente rural se convertese no corazón da arte urbana en Galicia. Artistas locais e outros chegados de todas as partes do mundo traballan cada ano na recuperación de espazos degradados por medio da pintura.O resultado son rúas e prazas que recuperan vida grazas a estes proxectos culturais.
Dende 2009, o Festival Internacional Desordes Creativas acolle a autores e autoras que plasman os seus murais en edificios da vila. Despois de varias edicións, pódese dicir que Ordes é un grande museo a ceo aberto. Percorrer paseniñamente súas rúas ordenses e ir descubrindo un sen fin de obras de arte é, sen dúbida, un dos mellores plans que se poden facer de balde na bisbarra.
Portal de Desordes Creativas: http://desordescreativas.com/