En abril de 1943 comezaba a funcionar a liña de tren A Coruña-Santiago de Compostela. A chegada da alta velocidade variou aquel antigo trazado, mais os 36,5 quilómetros (Cerceda-Santiago) conforman o que moi axiña será unha Via Verde, unha magnífica infraestrutura lecer para os amantes da natureza e do deporte. Boa parte do vial transcorre polo municipio de Ordes (algo máis de 8 quilómetros).
No concello de Ordes, a apenas 4 quilómetros do centro urbán, está un dos edificios máis emblemáticos desta vía: a Estación da Pontraga. O inmoble construído en 1943, é obra de Ramón Cortázar de Urruzola, un dos máis destacados arquitectos vascos do seu tempo. É o lugar máis axeitado para facermos un alto no camiño e deleitarnos observando este suntuoso caserón e o espazo natural que o rodea. A poucos metros transcorre, nunha sucesión de fermosas reviravoltas, un dos ríos máis célebres da comarca: o Lenguelle.