O Concello de Ordes conta con dous recursos de defensa e promoción do patrimonio cultural e artístico de grande interese e importancia, concretamente: o MUSEO DO TRAXE JUANJO LINARES, composto basicamente por unha colección de máis de 1000 traxes doados por Juanjo Linares. É, sen dúbida algunha, o museo sobre o traxe que máis pezas alberga. Están expostas máis de 250 pezas entre as que debemos destacar por ter pertencido a distintas figuras do mundo da danza e de gran renome como Kety Clavijo, Rocío Jurado, Antonio Gades, Antonia Merce “La Argentina”, Merche Esmeralda, Luis del Río…
MUSEO LEONARDO RECOUSO XOXARDO
A obra de Xoxardo evolucionou desde o debuxo expresionista tenebrista dos anos 70 ata unha temática máis lírica, que arranxa con xogos de liñas e volumes, en movemento, de clara tendencia surrealista. Nos últimos anos estivo dedicado ao gravado en zinc e á escultura que expuxo en varias cidades españolas.