Área de descanso da Calle

Na parroquia ordense de Poulo está o lugar da Calle, un dos máis singulares do municipio. Atravesado polo Camiño Inglés, son moitos os peregrinos que cada ano transitan esta calzada. O conxunto de inmobles á beira da vía xacobea garda un anaco de historia maiúscula. Nunha pedra da chamada Casa Maldonado atopamos unha inscrición que deixa constancia que alí pernoctou o todopoderoso rei Felipe II en 1554, cando ía camiño das illas británicas para casar con María I de Inglaterra.

Uns metros máis adiante podemos ver un fermoso cruceiro. Por último podemos facer unha parada na capela da Virxe da Merce, á que acoden cada ano moitos romeiros da zona buscando os seus favores.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top