Camino Inglés

Cando o peregrino que transita o Camiño Inglés entra en terras de Oroso faino sabendo que está ás portas do seu destino. A etapa non pode ser máis pracenteira, xa que o tramo orosino combina os mellores ingredientes para o camiñante: fermosísimas paisaxes e un vizoso patrimonio histórico e cultural. Ao pé da ruta, cando non nela mesma, están lugares como o Castro de Vilabarro, A Ponte Ulloa ou A Ponte Sigüeiro.

A ledicia aumenta máis se cabe na última etapa. Dende Sigüeiro, principal núcleo de Oroso, ata a catedral de Santiago de Compostela hai apenas 16 quilómetros. É habitual ver os peregrinos dende moi cedo tomando o almorzo en calquera dos abundantes locais hostaleiros. Eles e elas, os verdadeiros protagonistas do camiño, enchen de cosmopolitismo e ilusión as rúas da vila.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top