Área Recreativa A Penateixa

Dende a vila de Sigüeiro, concretamente, da Praza da Foca, sae a estrada provincial “CP-3801” en dirección a Frades. A 1’5 quilómetros, encontramos un cartel que nos indica o desvío para chegar á área recreativa, seguindo o desvío a uns 100 metros entramos na área recreativa regada na súa marxe dereita polo río Tambre.
A área recreativa da Penateixa está formada por un espazo aberto delimitado por ringleiras de amieiros e carballos perpendiculares ao río. Ofrece un amplo espazo para desfrutar do sol e para que corran os nenos e un segundo de sombra debaixo do arboredo. En distintas zonas da área recreativa poden verse frondosos carballos e piñeiros. Ao longo do río os pescadores poden desfrutar no Couto de Pesca “Sigüeiro”.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top