A poucos centos de metros do principal núcleo de Oroso (Sigüeiro) atopamos a unha das áreas fluviais de referencia na zona: A chamada Illa do Refuxio. A paraxe toma o lugar dun gran ínsua que existe no medio do río Tambre. Os visitantes poden chegar a ela a través de dúas pontes. Unha vez no seu interior terá a posibilidade de bañarse nunha praia fluvial á que non lle falta nin unha pequena fervenza.
Dentro da illa os excursionistas teñen á súa disposición, mesas, colectores e incluso unha fonte. A estampa faise aínda máis fermosa grazas a un bosque de ribeira no que sobresaen os amieiros, salgueiros, freixos e carballos. Sen dúbida, unha magnífica oportunidade de gozar da natureza e do río Tambre en todo o seu esplendor.