Ponte Sigüeiro

Ponte Sigüeiro

A chamada Ponte Sigueiro é un viaduto que atravesa o río Tambre e une a comarca de Ordes coa de Santiago. Por esta infraestrutura orosina pasan cada día milleiros de vehículos que transitan a estrada que vai da Coruña ata a capital de Galicia. Mais poucos deses automobilistas saben que están cruzando unha obra de arquitectura que foi construída no século XIV e que foi modificada no século seguinte.

A ponte foi testemuña de importantísimos episodios senlleiros da historia de Galicia. Nas súas inmediacións tivo lugar en 1846 unha célebre batalla que enfrontou tropas partidarias do presidente Ramón María Narváez contra as comandadas polo coronel liberal Miguel Solís.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top