Coa chegada da Idade do Ferro desenvólvese a Cultura Castrexa, que comeza a finais da Idade do Bronce, século VII a. de C., e chega até o século V.
Neste gran período histórico aparece a romanización, o sometemento de moitas tribos ou pobos galaicos por parte do Imperio Romano.
A Idade do Ferro trouxo ao noso municipio os primeiros asentamentos estables: os castros, situados en lugares elevados, de estrutura circular e defendidos por fosos. En Oroso hai boa mostra de como eran estes recintos, aínda que desgraciadamente a maioría deles están desfeitos e só queda o topónimo. Unha proba da cerámica e da metalurgia que utilizaban os poboadores dos castros podémola ver no interesante Tesouro de Recouso (Marzoa), unha serie de pezas de ouro que podemos datar entre os séculos IV e I a. de C.
Castro de Recouso
Localización
Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.