Castro de Vilalbarro

Castro de Vilalbarro

O castro de Vilalbarro (xacemento arqueolóxico coa clave GA15060017) é un dos únicos ben conservados do municipio e garda abundantes lendas sobre tesouros e mouros (os seres míticos do imaxinario popular galego). Situado a 297 metros de altitude, mantén en perfectas condicións a croa e parte dun profundo foso con abundante vexetación. Na súa croa, perfectamente redonda, medra un eucaliptal.

A palabra «castro» procede do latín castrum, que significa «lugar fortificado». En aldeas como esta desenvolveuse a vida dos nosos antepasados que viviron nestas terras fai uns 2.000 anos. Estes pobos dedicáronse basicamente a plantar cereais, coidar o gando e guerrear, para defender o seu poboado e os seus cultivos. A cronoloxía da cultura castrexa vai desde o século VI antes de Cristo até mediados do século I despois de Cristo, pero estes asentamentos perduraron logo da ocupación dos romanos, co que constituíron a chamada Cultura Galaico-Romana, que se desenvolveu até o século V.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top