Estación de Garga (Vía Verde)

Estación de Garga (Vía Verde)

A Vía Verde Cerceda-Santiago de Compostela vai ser unha das maiores infraestruturas deste tipo en Galicia. Ao longo do percorrido, ademais dunha vizosa natureza, os sendeiristas e ciclistas que a transiten van atopar magníficos exemplo da arquitectura civil de mediados do século XX.

En Oroso é visita obrigada a chamada Estación de Garga, un inmoble hoxe en desuso pero no que é fácil imaxinar as ducias e ducias de viaxeiros que cada día collían o tren para se dirixir a Santiago de Compostela ou á Coruña. A estación mantén o seu encanto, e a pesar do paso das décadas emerxe con orgullo entre o manto verde que a rodea.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top