Na parroquia orosina dos Ánxeles atopamos o pazo de Meimixe. Esta casa fidalga, historicamente vinculada á influínte familia Castro, data de principios do século XVIII.É unha construción rectangular de cachotaría con tellado a catro augas e unha grande chimenea.
Dentro da finca pódese ver un dos hórreos máis singulares da provincia da Coruña. Da tipoloxía coñecida como ‘Hórreo de Ordes’, esta construción destaca polas súas descomunais dimensións. O pazo tamén conta cunha capela e un pombal circular.