Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

Recursos Turísticos

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ofrece a posibilidade de dar un paseo pola Galicia auténtica de tradicións e costumes centenarios. O/a visitante poderá coñecer recunchos e lugares naturais onde a historia e o paso do tempo son os encargados de tallar as formas que os compoñen.

Arquitectura, gastronomía, paisaxe, museos, roteiros, folclore e moito máis é o que conforma cada un dos sete municipios que constitúen esta comarca. E entre todo iso algo a destacar, o Camiño Inglés. Un trazado que dende hai séculos permite que milleiros de peregrinos con destino a Compostela deixen a súa pegada nestas terras.

Scroll to Top