RUTA DE MESÍA

Rutas para dar a coñecer o noso territorio (Histórico, natural e cultural) e acercarnos a nosa gastronomía potenciando a hostalaría local e os produtos de proximidade.

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ofrece a posibilidade de dar un paseo pola Galicia auténtica de tradicións e costumes centenarios. O/a visitante poderá coñecer recunchos e lugares naturais onde a historia e o paso do tempo son os encargados de tallar as formas que os compoñen.

Arquitectura, gastronomía, paisaxe, museos, roteiros, folclore e moito máis é o que conforma cada un dos sete municipios que constitúen esta comarca.

PERCORRIDO DA RUTA

Na parroquia fradense de Galegos atopamos o pazo do mesmo nome. Construído no século XVII, o seu escudo mostra as armas dalgunhas das estirpes galegas máis poderosas (Mosquera, Montenegro, Andrade…). Unha efeméride deixa ben clara a importancia deste inmoble. En 1690 a raíña Mariana de Neoburgo, segunda muller de Carlos II, durmiu neste pazo e así quedou inscrito nun lintel da casa:

En 15 de Abril de 1690 durmiu nesta casa a Raíña Ntra. Sra Dona Mariana de Neoburgo, muller do rei Ntro. Sr. D. Carlos 2º, vindo da Coruña en Romaxe a Ntro San Apóstol Santiago. Sendo donos desta Casa D. Antonio Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con Dona Baltasara Antonia de Luna Lovera e Valladares. Ad Majorem Del Gloriam.

Aínda que hoxe pertence a unha orde relixiosa (de aí que tamén se coñeza popularmente como o Pazo das Monxas),

Na parroquia de Visantoña, en Mesía podemos visitar as Brañas de Valga. Este lugar que hoxe en día son unhas lagoas de interese para a fauna e flora, no seu día foi un centro de extracción de barro para a elaboración de tellas e ladrillos. Das dúas lagoas, unha foi abandonada hai moitos anos, outra máis recentemente e actualmente existe unha terceira que está en fase de explotación. Na entrada ás Brañas veremos un edificio que está convertido en Aula de Natureza e Centro de Interpretación das Brañas de Valga. Nesta aula veremos paneis informativos sobre a flora e fauna dos humidais, así como talleres e aulas de olería con expositores. Ao redor das lagoas hai un camiño polo que podemos dar un paseo para observar os diferentes tipos de animais que hai na contorna, como esquíos, anfibios e aves.

O castelo ou torre-fortaleza de Mesía é unha fortificación de finais do século XIII ou principios do XIV, situado na aldea de Pobra, no concello galego de Mesía. Desde o século XV, durante o Antigo Réxime, exerceuse desde este castelo a xurisdición de Mesía para o bispo de Santiago de Compostela. O castelo constaba dunha torre interior amurallada, con defensas exteriores de forma poligonal, rodeada dun foso profundo. Na actualidade o seu estado de conservación é de abandono e só consérvase parte das defensas exteriores, que son de forma redondeada e que nalgúns puntos alcanzan os 18 metros de elevación. A torre de homenaxe era moito máis alta que as murallas e é probable que estivese almenada. Os primeiros rexistros históricos que mencionan o castelo son do ano 1401, nun documento de Gonzalo Díaz de Mesía, señor desta xurisdición. O seu nome aparece nunha inscrición que figuraba nun dintel na porta da torre de homenaxe: Gran parte do castelo foi destruído en 1467 durante as Revoltas Irmandiñas, pero ao ser abandonada por estes, Alonso II de Fonseca usurpou a propiedade e restaurouna.

RESERVAS

  • Inscricións a través de ViaxesAlumar-XG35 (Luisa)
  • info@viaxesalumar.com
    Teléfono reservas: 678 776 951
  • Actividade de balde.
  • Reserva por orde de chegada ata cubrir prazas.
  • E necesario a confirmación de inscricións. (acreditación e asinar autorización).
  • Dificultade: Fácil.
  • Duración da ruta: 5 horas aprox.
  • E recomendable traer roupa de abrigo e calzado para camiñar por campos e zonas de terra.
Scroll to Top