RUTA DE OROSO
Rutas para dar a coñecer o noso territorio (Histórico, natural e cultural) e acercarnos a nosa gastronomía potenciando a hostalaría local e os produtos de proximidade.
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ofrece a posibilidade de dar un paseo pola Galicia auténtica de tradicións e costumes centenarios. O/a visitante poderá coñecer recunchos e lugares naturais onde a historia e o paso do tempo son os encargados de tallar as formas que os compoñen.
Arquitectura, gastronomía, paisaxe, museos, roteiros, folclore e moito máis é o que conforma cada un dos sete municipios que constitúen esta comarca.
PERCORRIDO
Pazo de Meimixe, na parroquia dos Ánxeles. Como podedes ver desde o aire, o pazo está situado nunha contorna natural de gran valor paisaxístico. Ademais da casa tipo “Lugo” a catro augas, o conxunto arquitectónico está formado por unha capela do S.XVII, un pombal e o hórreo máis monumental da comarca e de case todo o país, superando ao famoso hórreo de Carnota se contamos a superficie da planta baixa (dedicada a cortes). O pazo é propiedade privada, da familia orixinaria “De Castro” e a súa datación é de finais do século XVII, cando comezaba a emerxer o barroco rural na nosa bisbarra.
Su aspecto debe calificarse de inmejorable y una placa recuerda a todos que eso es lo ques: el lavadero de Dolores. Unha placa e un panel explicando mostra a importancia dos lavadoiros no mundo rural galego naquelas épocas nas que non había lavadoras”.
Fai dous mil anos sobre estes materiais paleozoicos de orixe aluvial, crecían as aciñeiras, carbas e enebros . Mentres, mediado o século I aC, Roma anexionaba por fin ao seu gran imperio o último bastión ibérico, o do noroeste. Durante dous séculos, os pobos cántabro e astur que ocupaban esta área peninsular, resistíronse con bárbara tenacidade ás ofensivas das tropas romanas. A ansiada conquista levou ata Hispania ao propio emperador Augusto comandando as súas lexións. Poñerse á fronte de tal ofensiva respondía non só á ampliación do seu imperio senón por un codicioso interese #ante a riqueza mineral da zona. Coincidía a conquista coa modificación do sistema monetario romano, que establecía ao longo e ancho do seu imperio a moeda de ouro ou aureus e a de prata ou denarius como vehículo das transaccións comerciais. Esa mesma tenacidade da poboación dos castros prerromanos parece similar á das forzas da natureza que 125 millóns de anos antes arrastraran o ouro dos abundantes e afastados xacementos primarios ou lugares onde o mineral acumulásese en forma de vetas ou filóns ligados a outros minerais como o cuarzo
Data do século XVIII, é de planta de cruz latina cunha pequena sancristía pegada. Está construída en granito con cuberta de tella a dúas augas e é de estilo barroco.
A poucos centos de metros do principal núcleo de Oroso (Sigüeiroatopamos a unha das áreas fluviais de referencia na zona: A chamada Illa do Refuxio. A paraxe toma o lugar dun gran ínsua que existe no medio do río Tambre. Os visitantes poden chegar a ela a través de dúas pontes. Unha vez no seu interior terá a posibilidade de bañarse nunha praia fluvial á que non lle falta nin unha pequena fervenza.
Dentro da illa os excursionistas teñen á súa disposición, mesas, colectores e incluso unha fonte. A estampa faise aínda máis fermosa grazas a un bosque de ribeira no que sobresaen os amieiros, salgueiros, freixos e carballos. Sen dúbida, unha magnífica oportunidade de gozar da natureza e do río Tambre en todo o seu esplendor.
RESERVAS
- Inscricións a través de ViaxesAlumar-XG35 (Luisa)
- info@viaxesalumar.com
Teléfono reservas: 678 776 951 - Actividade de balde.
- Reserva por orde de chegada ata cubrir prazas.
- E necesario a confirmación de inscricións. (acreditación e asinar autorización).
- Dificultade: Fácil.
- Duración da ruta: 5 horas aprox.
- E recomendable traer roupa de abrigo e calzado para camiñar por campos e zonas de terra.