Que é?
É un servizo que se ofrece tanto aos concellos da comarca como aos usuarios e usuarias destes, tanto os que pertenzan a algún colectivo como a nivel individual. Dende el axúdase e asesórase ás asociacións de calquera tipo (ANPAS, asociacións veciñais, culturais, deportivas, xuvenís…) en temas relacionados con tramitación de subvencións, creación de asociacións novas, modificación de datos nos rexistros etc.
A nivel concellos e Mancomunidade organízanse actos de tipo cultural e deportivo, tales como: asistencia a feiras de mostras, cursos, charlas, concursos e certames, obradoiros, festas (xuventude, gastronómicas…), exposicións, programación teatral, programación de Nadal, Entroido, verán, galas etc. Ademais, tamén se tramitan anualmente diferentes subvencións ás distintas administracións públicas e convócanse axudas a entidades municipais.