Atención Temperá

Servizos

Que é?

Entendemos por Atención Temperá o conxunto de intervencións, dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e ao medio, que teñen por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen  risco de padecelos.

Obxectivos do Servizo de Atención Temperá

  1. Valorar e atender  a situación de risco para o desenvolvemento do/a neno/a
  2. Ofrecer unha valoración para a intervención das dificultades nas distintas áreas do desenvolvemento: psicomotriz, cognitiva, comunicativa, sensorial, adaptativo-social etc
  3. Proporcionar tratamento individual e específico para cada neno/a, a súa familia e  o seu contorno
  4. Ofrecer colaboración e asesoramento técnico coas entidades sanitarias, sociais e educativas para a integración do/a neno/a e para a prevención de situacións de risco
  5. Divulgar e informar en todos os ámbitos sanitarios, educativos e sociais sobre a importancia da detección, prevención e intervención precoz
  6. Programar distintas accións de prevención e actuación no eido das necesidades da infancia
  7. Actuar como medida de detección e  prevención de trastornos e dificultades do desenvolvemento.

A quen vai dirixido

Á poboación infantil de 0-6 anos susceptible de atención temperá:

  • Nenos e nenas con trastornos ou necesidades permanentes
  • Nenos e nenas con trastornos ou necesidades transitorias
  • Nenos e nenas en risco biolóxico ou social.
  • Ás familias  dos/as usuarios/as do programa.

Onde se localiza

Centro sociocomunitario Isabel Zendal. Rúa Campomaior s/n. 15680 Ordes.

Profesionais do SAT

  • Licenciada en Psicoloxía: Raquel Boquete Orgeira
    Núm. Colex. : G- 3443
  • Diplomada en Logopedia: Iria Botana Lois
    Núm. Colex.: 15/0004
  • Diplomada en Logopedia: Lidia Méndez García
    Núm. Colex.: 15/0381
  • Licenciada en Psicopedagoxía: Patricia García González
  • Graduada en Logopedia: Tania López Ramos
    Nº Colexiada:15/0515

 Operación cofinanciada pola Unión Europea

 Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

 Obxectivo temático 9:

  “Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación”

 O FSE inviste no teu futuro

Arquivos
Horarios

Luns e Xoves de 8:00h a 20:00h

Martes e Mercores de 8:00h a 19:00h

Venres de 8:00h a 16:00h

Contacto

Teléf.:  981680672 – 660809574

E-mail: atencion.tempera@mancomunidadeordes.gal

Scroll to Top