Centro de Información á Muller

Servizos

Que é?

O Centro de Información á Muller (CIM) é un servizo da Mancomunidade de Ordes que ofrece información xurídica, atención psicolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade que poida mellorar a igualdade entre homes e mulleres na comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). Un asesoramento confidencial e gratuíto en todas as áreas.

Actuacións

  • Na área psicolóxica: atención psicolóxica en casos de depresión, ansiedade, maltrato, baixa autoestima, dificultades coa parella, apoio de grupo a persoas afectadas por enfermidades crónicas…
  • Na área xurídica: información e asesoramento sobre separación, divorcio, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos, réximes matrimoniais, prestacións sociais, pensións, herdanzas….
  • Na área de recursos: información sobre recursos para a conciliación da vida laboral e familiar, axudas para as vítimas de violencia de xénero, formación, actividades de tempo libre…

Principios informadores e de actuación do centro

  • O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM
  • O respecto á vontade das persoas usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas
  • A prestación gratuíta de todos os servizos que se ofertarán atendendo á vocación de servizo público
  • Coordinación cos servizos sociais comunitarios e demais servizos municipais co obxecto de prestar unha mellor atención ás persoas usuarias e un exercicio máis eficaz das funcións propias do CIM
  • A colaboración coas demais administracións públicas e, especialmente, co órgano competente en materia de igualdade e prevención da violencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Servizos que ofrece o CIM

  • Atención social
  • Atención psicolóxica
  • Atención legal
  • Atención e orientación laboral
  • Dinamización comunitaria (campañas de sensibilización, xornadas, programas de voluntariado etc.)

Funcións

  • Asesoramento xurídico e atención psicolóxica especializada en violencia de xénero,de trata/explotación sexual e calquera outra violencia contra a muller
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, e fillas, fillos e menores a cargo ou maiores dependentes desta. Facilítase o acceso aos recursos existentes en Galicia e a xestión urxente as servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que sexan oportunos.
  • Atención específica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral
  • Información sobre os recursos dispoñibles no ámbito territorial
  • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes e da necesidade da consecución de igualdade de dereitos e de integración social do colectivo LGTBI
  • Atención e integración do colectivo LGTBI
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades, tanto no ámbito de xénero como para o colectivo LGTBI
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade, tanto no relacionado co xénero e/ou a diversidade sexual
  • Actuacións de dinamización levadas a cabo por persoas expertas en xénero e igualdade, cara á integración da perspectiva de xénero nos programas e actuacións que desenvolve a entidade local, así como o establecemento de canles de comunicación e colaboración con outros axentes presentes no territorio.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón da identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e nos medios de comunicación
  • Fomento do asociacionismo e da participación comunitaria
  • Fomento do asociacionismo do colectivo LGTBI e de actividades encamiñadas á súa integración efectiva en todos os ámbitos da vida social e económica
  • Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade, sobre todo nos ámbitos laboral e social.

Pódense consultar as accións do CIM nas redes sociais @CIMMancomunidadedeOrdes e @mancomunidadeordes

Horarios

De 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres)

Asesoramento xurídico : Luns, martes e xoves (Ordes), mércores e venres (Oroso).

Contacto

Centro de Información á Muller

Teléfono/fax: 981 682 108

cim@mancomunidadeordes.gal

Redes Sociais: @CIMMancomunidadedeOrdes  @mancomunidadeordes

Rúa Alfonso Senra, 106, 2º A

15680 Ordes, A Coruña

Non posúe subservizos.

Scroll to Top