Educación Familiar

Servizos

QUE É A EDUCACIÓN FAMILIAR?

É un servizo público e gratuíto. É un programa que forma parte dos servizos sociais comunitarios.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A todas as familias ou a algún dos membros da unidade familiar, nenos/as, adolescentes e/ou adultos/as que o necesiten.

CAL É O OBXECTIVO DA EDUCACIÓN FAMILIAR?

O obxectivo xeral é facilitar a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarias para o axeitado desenvolvemento das familias, así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.

QUEN SOMOS?

O Programa de educación familiar lévano a cabo técnicos/as en intervención familiar especializados/as no traballo con familias en colaboración cos equipos de servizos sociais comunitarios.

QUE SE FAI EN EDUCACIÓN FAMILIAR?

Intervención con familias que necesitan e/ou solicitan apoio para o seu axeitado desenvolvemento incluído:

  • Asesoramento
  • Orientación
  • Programación
  • Intervención
  • Avaliación
  • Seguimento
  • Información

Prevención: actividades grupais como educación viaria, habilidades sociais, educación afectivo-sexual, hábitos saudables etc.

Ámbitos de actuación

Familias

  • Infancia e mocidade
  • Terceira idade
  • Muller
  • Inmigración
  • Inclusión social
  • Discapacidade
Horarios

CON CITA PREVIA

Contacto

EDUCADORA FAMILIAR ORDES

Rúa Xoxardo s/n

Teléfono: 981680002

sonia.marzoa@mancomunidadeordes.gal

EDUCADORA FAMILIAR OROSO

Rúa Do Deporte, 9, 15684 Oroso

Teléfono: 981688950

mariajose.mosquera@oroso.dicoruna.es

Non posúe subservizos.

Scroll to Top