Obxectivo Xeral
Fomentar a actividade económica e social xerando crecemento económico e desenvolvemento social para intentar reducir a taxa de paro na comarca.
Obxectivos Específicos
- Creación de emprego tanto directa como indirectamente.
- Acadar a permanencia da poboación nos concellos.
- Reducir o envellecemento da poboación.
- Dinamización de agricultura e gandería.
- Revaloración dos recursos naturais e medioambientais dos concellos.
- Aplicación de medidas activas de emprego.
- Activación do investimento empresarial.
- Formación da poboación a través de ciclos formativos e cursos para aumentar as posibilidades no acceso ao mercado laboral.
- Participación da poboación no plan de desenvolvemento.
- Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas que sofren dificultades para integrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todos e todas.
- Deseñar itinerarios de inserción personalizados.
- Combater o racismo e a xenofobia en relación ao mercado laboral.
- Reintegrar as mulleres que abandonaron o mercado laboral.
- Aumentar os coñecementos sobre o mercado laboral.
Funcións do Axente de emprego
- Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose, sobre todo, nos colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir un emprego.
- Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o seu acceso.
- Tramitación de subvencións tanto para a entidade local como aos particulares.
- Implantación das políticas activas de emprego.
- Coordinación cos diferentes departamentos e servizos do concello coa finalidade de potenciar e dinamizar estes.
- Dinamización e potenciación dun tecido empresarial.
- Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo.
- Acompañamento técnico dos proxectos emprendedores, que xurdan no territorio, na fase do seu lanzamento, así como dos promotores, durante as primeiras etapas do funcionamento das novas empresas, para facilitar a súa consolidación como negocios sostibles que xeren postos de traballo.
- Asesoramento ás persoas desempregadas, para proporcionar un maior coñecemento dos servizos e instrumentos existentes a favor da inserción laboral e do seu desenvolvemento profesional.
- Investigar as oportunidades de desenvolvemento e emprego existentes no territorio.
- Facilitar información sobre as potencialidades de emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, e divulgación entre os técnicos e axentes de emprego, os responsables de escolas obradoiros, casas de oficio e obradoiros de emprego…
- Coordinación das actuacións levadas a cabo polos técnicos locais de emprego.
Actividades e servizos:
PROMOCIÓN DO EMPREGO E DA FORMACIÓN
- Orientación laboral.
- Busca activa de emprego.
- Asesoramento sobre aspectos sociolaborais.
- Bolsa de emprego.
- Información sobre cursos AFD, FSE, Fundación tripartita….
- Envío por e-mail de ofertas de emprego, cursos, competencias clave, listas, oposicións…
- Xestión de ofertas de emprego…
PROMOCIÓN ECONÓMICA
- Información, orientación e asesoramento empresarial.
- Elaboración de estudos e análises socioeconómicas.
- Titorización de proxectos de creación de empresas.
- Busca e asesoramento sobre subvencións e axudas económicas.
- Información sobre formación para emprendedores.
- Formación sobre xestión empresarial.