Obradoiro de Emprego

Servizos

QUE É?

O obradoiro de emprego “Mancomunidade de Ordes V” é un programa mixto de emprego e formación dirixdo a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e promovido pola Mancomunidade de Ordes. Ten unha duración de 9 meses  e formará a 20 alumnos/as traballadores/as, aos que se lles van impartir os certificados profesionais de Instalación de Elementos de Carpintería (MAMS0108) e  Pintura Industrial en Construción (EOCB0311)

O Obradoiro de Emprego desenvólvese nos seguintes espazos:

  • As sesións formativas ordinarias de aula, así como o traballo do persoal docente, directivo e administrativo ten lugar na Praza de Abastos de Ordes.
  • A parte formativa práctica realízase nos diferentes concellos da comarca de Ordes.

OBXECTIVOS

O principal obxectivo dos obradoiros duais de emprego é mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras e prestacións de servizos de interese xeral e social.

ACTUACIÓNS

As actuacións que se van realizar no obradoiro “Mancomunidade Ordes V” son:

Rehabilitación da estación de ferrocarril de Trasmonte no concello de Oroso.

Rehablitación do local social de Oa no concello de Trazo.

Construción e instalación de mobiliario urbano e interior  para os concellos da comarca de Ordes

 

Galería
Arquivos
Contacto

Rúa Praza de Abastos 1, 1º andar

15680 Ordes

Telf. 681 01 28 34

DIRECCIÓN iria.para@mancomunidadeordes.gal

ADMINISTRACIÓN rosalia.romaris@mancomunidadeordes.gal

Non posúe subservizos.

Scroll to Top