Que é?
O servizo de orientación ofrece un proceso continuado de axuda no ámbito laboral ás persoas demandantes de emprego e aquelas que desexan mellorar o que xa teñen, co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento profesional e de posibilitar a mellor toma de decisión autónoma para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.
Trátase de facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias propias da persoa demandante que lle permitan identificar opcións laborais e elixir entre elas de maneira autónoma, para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.
Obxectivos do servizo de orientación laboral:
- Dar a coñecer os recursos e servizos que ofrecen as distintas institucións, en termos de emprego e formación.
- Traballar sobre o coñecemento do mercado laboral no contorno máis próximo ao servizo e ás persoas usuarias del.
- Afondar e relacionar o grao de empregabilidade, determinado inicialmente cos recursos da persoa, coas características do mercado de traballo.
- Potenciar o aumento da dispoñibilidade para o traballo.
- Determinar as expectativas da persoa usuaria e relacionala cos servizos que poidan axudar a satisfacelas.
- Potenciar a motivación e a autonomía da persoa demandante na busca de emprego.
- Fomentar estratexias a seguir de cara á busca activa de emprego.
- Determinar un plan de traballo que permita situarse nunha mellor posición ante a busca de emprego; ben sexa en intervencións puntuais ou nun proceso (Itinerario Personalizado de Inserción).