Desde o 2 de xaneiro de 2014, a Mancomunidade de Ordes conta novamente co Servizo de Normalización Lingüística, ao abeiro da convocatoria da Deputación da Coruña do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para creación ou mantemento dos servizos lingüísticos durante o ano 2014, ademais da subvención concedida por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia segundo a resolución do 7 de xullo de 2014 ao abeiro da convocatoria regulada na orde do 4 de abril de 2014. A súa finalidade fundamental é fomentar o uso e o prestixio da nosa lingua mediante accións que garantan a normalización da lingua galega en todos os ámbitos dos concellos pertencentes á Mancomunidade de Ordes, no conxunto da sociedade en xeral e no ámbito administrativo en particular.
O obxectivo principal do Servizo é, xa que logo, incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos. As súas funcións están centradas en varios planos diferentes (dinamización e formación sociolingüística e asesoramento lingüístico) e entre elas está a de normalizar e mellorar a imaxe e a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
En principio, o programa do SNL estará dirixido basicamente á corrección e actualización da páxina web da Mancomunidade, á organización e impartición de cursos de lingua galega, así como tamén obradoiros de iniciación á lingua e á literatura galegas para nenos e nenas e outras campañas de dinamización social da lingua galega.
Desde o 17 de xuño de 2013, a Mancomunidade de Ordes conta cun Servizo de Normalización Lingüística grazas á subvención concedida pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria.
Polo tanto, o SNL da Mancomunidade de Ordes está á disposición de todos os concellos integrantes dela co obxectivo principal de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos.
As súas funcións están centradas en varios planos diferentes:
Funcións xerais:
- Asesorar á Administración en todo o relacionado coa política lingüística.
- Facer un seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
- Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos e das aspirantes.
Funcións de dinamización lingüística:
- Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega seguindo as directrices de política lingüística do organismo.
- Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
- Propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.
- Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
Funcións de formación sociolingüística:
- Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos.
- Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos etc.
- Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.
Funcións de asesoramento lingüístico:
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
- Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
Ligazóns de interese relacionadas coa lingua e coa normalización
Institucións:
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación
- Real Academia Galega
- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega
- Instituto da Lingua Galega
Organizacións e asociacións:
Dicionarios e vocabularios:
- Vocabulario ortográfico da lingua galega
- Dicionario da Real Academia Galega (adaptado á normativa 2003)
- Dicionario de galego de Ir Indo (adaptado á normativa 2003)
- Dicionario castelán-galego Rinoceronte
- Buscatermos
- Portal das palabras (da RAG)
- Tergal (Banco de termos galegos recomendados)
Correctores e tradutores automáticos:
- Corrector Imaxin Galgo 2.0
- Corrector en liña Ortogal
- Tradutor automático Es>GL da Xunta de Galicia
- Tradutor Apertium
Léxico específico:
Mostra de ferramentas dixitais en liña para a promoción do uso do galego:
Manuais de linguaxe administrativa e xurídica:
- Manual de linguaxe administrativa (nivel medio)
- Manual de linguaxe administrativa (nivel superior)
- Manual de linguaxe xurídica (nivel medio)
- Manual de linguaxe xurídica (nivel superior)
Toponimia:
