2017

Curso básico de lingua galega

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente).

Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (xuño 2017)

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0224/probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-1-2-3-4-resultados-definitivos

 

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (xuño 2017)

O prazo de reclamacións remata o 10 de agosto e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0224/probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-1-2-3-4-resultados-provisionais

 

Xincana lingüística (xullo-agosto 2017)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que vai constar de tres partes fundamentais:

– Unha carreira de remudas

– Move a bóla

– A intrusa

OBXECTIVOS

– Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego

– Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas

– Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega

– Relacionar  a práctica do deporte co uso do galego

– Ampliar vocabulario relacionado co deporte

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)

METODOLOXÍA

O persoal técnico de normalización lingüística da Mancomunidade desprazarase a cada un dos concellos para o desenvolvemento da actividade, que terá lugar nun día, nunha sesión de unha a dúas horas aproximadamente, cun máximo de 15-20 participantes

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2017

 

Sesións informativas Celga (xuño 2017)

O SNL organiza unhas sesións informativas para preparar as probas (sistema de avaliación, prácticas de probas, resolución de dúbidas…) desde o martes 9 de maio ata o xoves 8 de xuño (todos os martes e xoves de 10 a 12) nas instalacións da Mancomunidade de Ordes. Máis información no propio SNL, no teléfono 981 680 002 (ext.120) e no correo electrónico irene.bravo@ordes.gal

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (xuño 2017)

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 4 de maio de 2017.

Modelo de solicitude

Modelo de autoliquidación de taxas

 

Publicadas no DOG de hoxe as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galegohttp://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170320/AnuncioG0244-100317-0001_gl.html

 

A Deputación da Coruña convoca o II Concurso musical infantil “Quero cantar” para rapaces e rapazas de ata 12 anos coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. Máis info e bases en: http://querocantar.gal/

 

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

CORRECCIÓN DE ERROS

Prazo para a presentación das solicitudes: do 9 ao 28 de marzo de 2017.

Solicitude

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través  da rede social Facebook para celebrar o Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o seu nacemento.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desa data tan significativa, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo) poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando). O centro con máis participantes nese evento será premiado cun lote de libros cedidos pola SXPL da Xunta de Galicia. Ademais, sortearase outro lote de libros entre todo o alumnado participante.

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.

Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía verso a verso), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 9 de marzo.

 

Convocada unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar 2017. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da SXPL e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0049/lingua-namorar-2017

Non posúe subservizos.

Scroll to Top