Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 e Celga 4 (novembro 2018)
Resultados definitivos Celga 4
Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 e Celga 4 (novembro 2018)
O prazo de reclamacións remata o 8 de xaneiro e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.
Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 (novembro 2018)
Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 4 de outubro de 2018.
Modelo de autoliquidación de taxas
Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (maio/xuño 2018)
Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180814/AnuncioG0164-030818-0002_gl.html
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Obradoiro de lingua galega (xincana lingüística)
O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que consta de tres partes:
– Carreira de obstáculos (na que obterán sílabas para formar palabras que lles axuden na busca do tesouro)
– Busca do tesouro (onde terán que resolver xeroglíficos, adiviñas, crebacabezas…)
– Xogos populares (como o pano, pés quedos…)
OBXECTIVOS
– Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego
– Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas
– Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega
– Relacionar a práctica do deporte co uso do galego
– Ampliar vocabulario relacionado co deporte
POBOACIÓN DESTINATARIA
Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)
PERIODIZACIÓN
Xullo-agosto 2018
Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 (xuño 2018)
O prazo de reclamacións remata o 23 de xullo e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.
Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 3 e 4 (maio/xuño 2018)
O prazo de reclamacións remata o 19 de xullo e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.
Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (2018)
Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 13 de abril de 2018.
Modelo de autoliquidación de taxas
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través da rede social Facebook para celebrar conxuntamente o Día de Rosalía, 24 de febreiro (no que se conmemora o seu nacemento), e o Día das Letras Galegas, 17 de maio.
O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desas datas tan significativas, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo) poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando). Será premiado o centro con máis participantes no evento, ademais de facerse un sorteo entre o alumnado participante (ben individualmente ou en grupo). Os premios (lotes sorpresa para os que contamos coa colaboración da SXPL da Xunta de Galicia) daranse a coñecer en canto finalice o concurso. Pretendemos, asemade, estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego.
O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.
Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía verso a verso), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2018
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.html
O prazo para a presentación das solicitudes é de 20 días naturais (ata o 26 de febreiro de 2018).
Como novidade, este ano tamén haberá cursos de teleformación para preparar o Celga 4.
Ademais, o SNL da Mancomunidade organizará e impartirá un curso de 40 horas de preparación do Celga 2, que terá lugar desde mediados de marzo ata finais de maio, en dúas sesións de mañá á semana, os luns e os xoves de 10:00 a 12:30 horas. O prazo para inscribirse remata o 15 de marzo.
Convocatorias de cursos de linguaxe administrativa, xurídica e Celga 2018
Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e xurídica dirixidos a persoal da Administración autonómica, das entidades locais, das universidades e da Administración de xustiza en Galicia. Prazo: 8 días naturais a partir do 3 de xaneiro. Máis info:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioO150-221217-0002_gl.html
Convocatoria de cursos de linguaxe xurídica dirixidos a persoal da Administración de xustiza que presta servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo para presentar solicitudes: 8 días naturais a partir do 3 de xaneiro. Máis info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioO150-221217-0001_gl.html
Prazo de matrícula para cursos de linguaxe administrativa e Celga que se desenvolverán nas escolas oficiais de idiomas durante o segundo cuadrimestre deste curso escolar: do 2 ao 11 de xaneiro de 2018. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170817/AnuncioG0164-040817-0004_gl.html