Campaña “O galego vende” (2015)

CARTEL CAMPAÑA

O SNL da Mancomunidade de Ordes puxo en funcionamento a campaña de dinamización lingüística ‘O galego vende’, coa que se pretende chegar a toda a cidadanía desde o ámbito do comercio, por ser este un ámbito de grande incidencia na nosa sociedade.

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental é estender o uso da lingua galega nas relacións comunicativas do ámbito do comercio, cun peso moi importante na vida diaria de calquera persoa, para crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer este tipo de relacións, así como de calquera outro tipo.

Ademais, vaise colaborar con entidades de fomento e impulso da economía (asociacións de comerciantes) coa finalidade de incidir no establecemento da oferta positiva de atender a clientela en galego como práctica comercial habitual.

DESTINATARIOS/AS

Toda a cidadanía, a través dos establecementos comerciais.

METODOLOXÍA

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar directamente cos establecementos comerciais para informalos e/ou asesoralos neste procedemento para a normalización da lingua e propoñerlles a adhesión a esta campaña, así como a súa inclusión na páxina web da Mancomunidade (http://www.mancomunidadeordes.gal/ ) como establecemento participante.

A campaña vaise iniciar co compromiso por parte do establecemento do uso do galego na atención á clientela, nos escritos (tipo tíckets da compra) e carteis ou na publicidade do negocio (tamén en páxinas web e redes sociais), cando menos en igualdade co castelán:

  1. Fomentaremos a atención á clientela en galego, para poñer en práctica a oferta positiva á que fai referencia o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
  2. O establecemento colocará nun lugar visible un cartel co lema da campaña “O galego vende”, como reclamo de atención para a clientela.
  3. Repartiremos folletos informativos sobre a campaña nos distintos establecementos comerciais adheridos a ela, para concienciar á clientela sobre a necesidade do uso da lingua galega.
  4. O galego será a lingua empregada nos avisos, nos escritos (tipo tíckets da compra) e nos carteis que precise o negocio, cando menos en igualdade co castelán.
  5. Realizaremos en lingua galega a publicidade do establecemento, tanto por escrito impreso como en Internet (páxinas web ou redes sociais), aínda que tendo a opción de publicitarse nas dúas linguas.
  6. Crearemos unha sección na páxina web da Mancomunidade onde colgaremos toda a información que desexen os establecementos adheridos á campaña, ademais de fotos e publicidade comercial, totalmente de balde, sempre e cando sexa en galego, coa posibilidade de incluír ligazóns ás propias páxinas web dos diferentes establecementos no caso de que a teñan.
  7. Darase oportuna información á prensa da campaña e da adhesión dos establecementos comerciais a esta.

 

Establecementos comerciais adheridos á campaña:

 

LAS FLORENTINA

Rúa dos Lagartos, 12 – Ordes
Teléfono: 620933919

CAROLA MODA

Rúa Alfonso Senra, 98 – Ordes
Teléfono: 981697539
Avenida Compostela, 12 – Sigüeiro
Teléfono: 981696244
ZAPATERÍA SANMEDE
Rúa do Recreo, 6 – Ordes
Teléfono: 981682393

CASA ZAPATEIRO S.L.

Alfonso Senra, 109-111 – Ordes
Teléfono: 981687082

ALIMENTACIÓN AURORA

Rúa Compostela, 32 – Ordes
Teléfono: 981682434

FLORISTERÍA LAS CAMELIAS

Rúa do Recreo, 42 – Ordes
Teléfono: 981680208

REGALÍA

Rúa Compostela, 20 – Ordes
Teléfono: 981681268

TINTORERÍA-LAVANDERÍA ANDURIÑA

Rúa do Mercado, 4 – Ordes
Teléfono: 981681728

CALZADOS LA VARIEDAD

Rúa do Recreo, 41 – Ordes
Teléfono: 981681828

SUPERMERCADO FLORA CARNICERÍA

Rúa do Recreo, 31 – Ordes
Teléfono: 981680887

PANADERÍA MILAGROS

Rúa República Arxentina, 19 – Ordes
Teléfono: 981680754
Correo electrónico: panaderiamilagros@yahoo.es

CARMA ZAPATERÍA 

Rúa do Mercado, 2 baixo – Ordes
Teléfono: 981680885
Correo electrónico: info@carmazapateria.com
TERESA ÁLVAREZ A CASA DAS MEDIAS
Rúa Alfonso Senra, 128 – Ordes
Teléfono: 981680123
Correo electrónico: acasadasmedias@gmail.com
UVE
Rúa Lengüelle, 11 baixo – Sigüeiro
Teléfono: 981696348
LIBRERÍA PONTEPEDRA
Avda. do Dolmen, 41 – Tordoia
Teléfono: 981690028
Correo electrónico: libreriapontepedra@gmail.com

Non posúe subservizos.

Scroll to Top