Que é?
Un servizo que pretende promover a saúde e o benestar, evitando así as situacións de dependencia ou adiccións.
Ámbitos de actuación
O servizo encárgase de informar, orientar e asesorar nos ámbitos da información-formación, comunitario, educativo, familiar e xuvenil.
Obxectivos
- Atrasar a idade de contacto e inicio de condutas aditivas
- Dar información básica sobre as adiccións aos diferentes colectivos de poboación
- Potenciar os factores de protección e diminuír o risco de condutas aditivas
- Eliminar/reducir as condutas aditivas