Capela do Carme da Ermida

Na parroquia tordoiesa de Castenda, preto do lugar de Vilar e agochada entre soutos e carballeiras, atopamos a Capela do Carme da Ermida. O pequeno templo relixioso ten unha importancia histórica sobresaínte, xa que se cre que tiña un papel relevante para os peregrinos que ían cara Santiago de Compostela por unha vella vía anterior ao actual Camiño Inglés.

Máis aló da súa sinxela e bela liña arquitectónica que data do século XVI, a capela sorprende pola carballeria case máxica na que está ubicada e que convida ao sosego e á reflexión. A isto hai que sumar un sorpredente xogo de mesa medieval que está tallado en pedra no seu adro.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top