Igrexa de Santa María de Bardáns

Igrexa de estilo barroco clasicista do século XVIII, con planta dunha soa nave con dous corpos pegados. A capela presenta cara ao exterior dous contrafortes nas esquinas. A orixe da igrexa debe ser bastante antiga e o uso dos canzorros nos beirís laterais pode indicarnos unha orixe románica aínda que os actuáis sexan modernos. Toda a igrexa está construída con pezas de cantería de boa calidade.

Pódese apreciar claramente como o templo sufriu numerosos engadidos, e como a imaxe que presenta na actualidade debe ser moi diferente da orixinal. Na fachada apréciase esta variedade de formas. Se ben o corpo central se adscribe a formas neoclásicas, a torre é claramente barroca, do tipo barroco de placas que habería que relacionar coa obra santiaguesa de Simón Rodríguez. A fachada presenta nos extremos dous pares de pilastras que sosteñen un frontón curvo. Na parte central ábrese un óculo e a porta engalánase cunhas molduras tipo orelleiras.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top