Edificio de planta rectangular e unha soa nave separada do presbiterio por medio dun arco de medio punto apoiado en dúas pilastras de pedra. Pertencente ao século XVIII.
Neste caso atopamos un bo exemplo barroco que concentra a decoración e ornamentación na fachada principal que está coroada por unha torre-campanario con remate en cúpula, e que na súa base ten as características molduras ou placas do barroco compostelán que parte de Simón Rodríguez. No centro da fachada ábrese un óculo sobre o cal aparece un pequeno corazón coroado, o que lle dá maior empaque ao apartado ornamental. No debuxo xeométrico da fachada hai tamén unhas curiosas molduras con remate enroscado.
Todo o edificio está construido con pezas de cantería.