A Aceña de Estevo

Sen os muíños sería imposible comprender a nosa sociedade tradicional. Eles son fontes de múltiples historias, de esperanzas, de amores, de penas…pero sobre todo de fartura, en tempo nos que a abundancia non era tanta. O complexo hidráulico para moer cereais máis senlleiro da zona é, sen dúbida, a coñecida como Aceña de Estevo.

Aínda en funcionamento, quen se achegue ata alí descubrirá o desenvolvida que era a enxeñería popular: enerxía renovable en estado puro. A isto hai que sumar que a construción se atopa envolta polo río e as árbores da ribeira: unha postal que non debe perder o viaxeiro que percorra estas terras.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top