Contorna do encoro de Vilagudín

Compartido cos municipios de Cerceda e Ordes, Tordoia presume tamén dun pequeno mar interior: o encoro de Vilagudín. A présa de auga, que naceu para refrixerar a antiga central térmica de Meirama, é hoxe unha explosión de natureza e vida animal. As augas azuis da lagoa contrastan cos múltilples verdes dos outeiros traballados polos homes e mulleres da zona.

Ao pasear pola beira do encoro, os viaxeiros terán a oportunidade de contemplar a extraodinaria riqueza ornitolóxica. Se se achegan ata a aldea máis próxima: A Arcae de Abaixo, atoparán a capela de Santa Susana, un templo tan humilde coma fermoso. Dende arriba podemos observar o encoro e parte da meseta ordense, que segundo a época do anos nos ofrece unha ampla variedade de matices e cores.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top