Férveda de Santaia

Na parroquia tordoiesa de Gorgullos atopamos un fermoso salto de auga de dez metros de altura: a coñecida como Férveda de Santaia. Para acceder a ela, dende o lugar de Portociños, é preciso percorrer un quilómetro por un fermoso camiño de terra, que se interna entre prados traballados e algún pequeno souto.

O ruído da auga axiña avisa ao camiñante da chegada ao destino. É imposible non namorarse desta fervenza que emerxe entre os penedos graníticos e vai logo acelerando o paso río abaixo en busca do pai Tambre. Para os máis aventureiros a travesía pode camiñar augas abaixo, onde, entre frondosos bosques de ribeira, atoparán muíños e unha sucesión de rápidos e présas.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top