A Pedra Longa

Se o dolmen de Cabaleiros fai célebres as terras de Tordoia, hai outro emblema especialmente queridos polos tordoieses e que causa sorpresa entre os foráneos: a Pedra Longa. Trátase dunha gran formación rochosa vertical que semella un gran menhir que quixese desafiar ás árbores máis xigantes.

A paraxe está tamén na parroquia de Cabaleiros e a ela están asociadas numerosas lendas. A pedra foi sempre orixe de misterios e debates: dende a supostas propiedades máxicas ata a busca de petroglifos no seu cumio. Sexa como for, os viaxeiros que se acheguen ata alí atoparán as súas propias razóns, e, sobre todo, pensarán como puido acabar alí aquel enorme penedo.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top